30 Nov 2022

VIII Olimpiada de tenis en Cambados

VIII Olimpiada de tenis en Cambados

Coa colaboración do Concello de Cambados, o Club de Tenis e a ANPA, vaise celebrar a VIII Olimpiada de Tenis, organizada e patrocinada pola Deputación de Pontevedra, para os rapaces das escolas de tenis dos distintos clubs e colexios.

Xogarán unhas escolas contra outras e ademáis haberá medallas, unha merenda e un sorteo de agasallos ao rematar

📅 Data: O sábado 3 de decembro

⏰ Hora: De 10:00h a 13:00h

📍 Lugar: Complexo deportivo de O Pombal

📃 Inscricións: No pavillón, ao chegar

Poderán participar tódolos nenos sin importar idade, nivel de xogo ou condicións especiais