Coa actualización do protocolo contra a COVID no ámbito educativo para o curso 2022-23, de 5 de setembro de 2022; xa se permite a interacción entre alumnado de diferentes niveis educativos e desaparecen os grupos burbulla.
Polo tanto, dende a ANPA recuperamos a posta en funcionamento das actividades extraescolares que se viñan realizando antes da pandemia só para os socios da Anpa Os Olmos.
📝Actividades extrescolares:
• Prazo de inscrición: ata o mércores 28 de setembro. A inscrición como socios da ANPA permanecerá aberta todo o curso escolar, pero a posibilidade de participar nas actividades extraescolares, unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición; estará suxeita á dispoñibilidade de prazas vacantes.
• Atenderanse as solicitudes por orde de inscrición. As actividades terán que ter un número mínimo de alumnas/os para levarse a cabo, en caso contrario, será decisión do monitor/a manter a actividade.
• As actividades serán aboadas entre os días 1 e 10 de cada mes, directamente aos monitores/as de cada actividade. As baixas deberán ser comunicadas cunha antelación mínima dunha semana antes de finalizar o mes en curso.
• As actividades realizaranse dende outubro ata xuño, ambos incluídos.
⏰Horarios:
📥 Ficha de inscrición como socio da ANPA