13 Set 2023

Actividades extraescolares curso 2023-2024

Actividades extraescolares curso 2023-2024

Co comezo do novo curso educativo 2023-24, presentámosvos a nosa oferta de actividades extraescolares.

📝Actividades extrescolares:

Prazo de inscrición: ata o venres 22 de setembro.

A inscrición como socios da ANPA será obrigatoria para poder participar nas actividades ofertadas.

• O prazo de inscrición permanecerá aberto todo o curso escolar, pero a posibilidade de participar nas actividades extraescolares, unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición; estará suxeita á dispoñibilidade de prazas vacantes.

• Atenderanse as solicitudes por orde de inscrición. As actividades terán que ter un número mínimo de alumnas/os para levarse a cabo, en caso contrario, será decisión do monitor/a manter a actividade.

As actividades serán aboadas entre os días 1 e 10 de cada mes, directamente aos monitores/as de cada actividade. As baixas deberán ser comunicadas cunha antelación mínima dunha semana antes de finalizar o mes en curso.

• As actividades realizaranse dende outubro ata xuño, ambos incluídos.

Horarios:

Horarios actividades
Horarios actividades

📥 Ficha de inscrición como socio da ANPA

📥 Solicitude de inscrición para actividades extraescolares

📥 Listado e horarios de actividades extraescolares