Co comezo do novo curso educativo 2024-25, presentámosvos a nova oferta de actividades extraescolares.
📝Actividades extrescolares:
• Prazo de inscrición: ata o venres 20 de setembro.
• A inscrición como socios da ANPA será obrigatoria para poder participar nas actividades ofertadas.
• O prazo de inscrición permanecerá aberto todo o curso escolar, pero a posibilidade de participar nas actividades extraescolares, unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, estará suxeita á dispoñibilidade de prazas vacantes.
• Atenderanse as solicitudes por orde de inscrición. As actividades terán que ter un número mínimo de alumnas/os para levarse a cabo, en caso contrario, será decisión do monitor/a manter a actividade.
• En xeral as actividades serán aboadas entre os días 1 e 10 de cada mes, directamente aos monitores/as de cada actividade. Con excepción algunhas actividades teran pago trimertral. As baixas deberán ser comunicadas cunha antelación mínima dunha semana antes de finalizar o mes en curso.
• As actividades realizaranse dende outubro ata maio, ambos incluídos.