Os arquitectos de Pontevedra convocan o I Concurso de debuxo infantil “A Supercasa”
O concurso está dirixido a nenos e nenas en idades entre 5 e 12 anos inscritos na educación primaria.
O debuxo ou imaxe presentarase en formato dixital, recoméndase unha resolución de 300 ppp.
Xeito de presentación
No momento de envío de todos os traballos, para poder identificalos correctamente, deberá cumprimentarse o formulario de inscrición
Categorías
En función da idade do participante, deberá indicarse a categoría á que pertence:
• 1ª categoría: 1º e 2º de primaria
• 2ª categoría: 3º e 4º de primaria
• 3ª categoría: 5º e 6º de primaria
Premios
Outorgaranse tres premios para cada categoría:
• O primeiro premio de cada categoría será unha tarxeta – regalo por importe de 250,00 euros en material de educación plástica ou libros.
• O segundo premio de cada categoría será unha tarxeta – regalo por importe de 150,00 euros en material de educación plástica ou libros.
• O terceiro premio de cada categoría será unha tarxeta – regalo por importe de 100,00 euros en material de educación plástica ou libros.
Máis información na seguinte ligazón 👉 I Concurso de debuxo infantil “A Supercasa”