A Conselleria de Educación elixiu o noso centro para participar no programa Polos Creativos.
Os Polos Creativos terán un deseño modular e innovador, estarán dotados de equipamento especializado, ocuparán espazos físicos definidos nos centros educativos, organizaranse didácticamente para fomentar a creatividade mediante a superación de retos, a consecución de proxectos, a resolución de problemas, a realización. de prototipos, a construción de resultados tanxibles, etc.
Centraranse na aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria. Tamén poderá albergar prácticas de investigación e experimentación. Terán unha visión ampla e integral do coñecemento e dos retos tecnolóxicos e dixitais en todos os ámbitos do coñecemento (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc.).
Funcionarán como un centro de actividades no que participarán intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, procesamento audiovisual e artístico, realidade virtual e impresión 3D, tecnoloxías de control informatizado e fabricación aditiva, mecanizado de diferentes materiais, electromecánica, robótica e microcontroladores, entre outros.
Serán, por tanto, espazos abertos ás comunidades locais para favorecer o desenvolvemento das competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas de toda a cidadanía, para o que ofrecerán actividades formativas para os distintos colectivos. En concreto, facilitará a solución conxunta de problemas coa participación de alumnado, profesorado e familias, e promoverá especialmente aquelas accións que impliquen a participación de nais e pais xunto cos seus fillos e fillas tanto en actividades formativas como de creación.