30 Mayo 2023

Premio á escola San Tomé en Matemáticas

Premio á escola San Tomé en Matemáticas

O diario La Voz de Galicia faise eco do premio acadado polo noso cole:

As matemáticas seguen dando ledicias na escola San Tomé.

Agora a propósito do terceiro premio do concurso «Rebumbio matemático» convocado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA). O mérito é de tres alumnos de sexto, Carme, Lucas e Carlos - na imaxe - e da profesora Emma.

Artigo en La Voz de Galicia.

Rebumbio matemático

Organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, esta actividade ten por finalidade contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza - aprendizaxe das matemáticas en particular.

Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.