04 Dec 2024

ProtexeTECH

ProtexeTECH

A ANPA Os Olmos, do CEIP San Tomé, organiza o vindeiro luns, 9 de decembro ás 18:00 horas, unha charla dirixida a toda-las familias do centro educativo, no marco dun programa que dende a Fundación LAR Pro Saúde Mental se está a levar a cabo.

ProtexeTECH, é un Programa de Educación, formación e sensibilización sobre o uso seguro e responsable das TRICs (Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación), de cara á detección e prevención de adiccións tecnolóxicas en menores de idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, a través de charlas informativas dirixidas a familias e pesoal docente dos centro de ensinanza da nosa comarca.

A charla dividiráse en dúas partes, na primeira, un psicólogo informará sobre as diferenzas entre o uso, o abuso e as adiccións comportamentais ás novas tecnoloxías, e sobre os problemas físicos, académicos, sociais e psíquicos derivados dun mal uso das mesmas. Na segunda parte da charla, un informático ofrecerá información sobre o control de acceso a contidos de risco en internet, os sistemas de protección dos dispositivos con acceso á Rede, e a prevención de situacións de acoso. Por outra banda, ofreceremos aos asistentes e a través das Redes Sociais da Fundación LAR, materiais, recursos, guías e sitios webs de interese, para o fomento do uso responsable das tecnoloxías e a prevención de adiccións comportamentais relacionadas coas mesmas.

Contaráse con servicio de monitor para as familias que desexen acudir á actividade cos nenos e nenas.

A Fundación LAR Pro Saúde Mental, é unha entidade sin ánimo de lucro situada en Vilagarcía de Arousa que leva traballando dende 1997, e ten como obxectivo xeral promover actividades dirixidas á integración, así coma a creación de programas residenciais: pisos protexidos, mini-residencias e outras estructuras intermedias, que potencian actividades de terapia ocupacional, formación e atención especializada a adolescentes con problemas de saúde mental.

Esperamos contar coa vosa asistencia.