Navegando polo Universo
Ruta Quetzal presenta un novo proxecto didáctico que nos introduce no apaixonante mundo da Astronomía.
En que consiste
No interior dun moderno planetario móbil e utilizando unha metodoloxía interactiva e práctica adaptada aos diferentes niveis escolares, os alumnos realizan un percorrido polo espazo e o tempo, que os leva a descubrir, entre outras materias, o Universo e as galaxias ou o movemento das estrelas, dos planetas e dos satélites máis importantes que compoñen o noso Sistema Solar. Aprenden a orientarse observando o ceo nocturno e coñecen os mitos e lendas que as civilizacións clásicas atribuían ás principais constelacións e como situalas na bóveda celeste.
O planetario recrea con precisión o ceo nocturno desde calquera lugar da Terra e a visión do Universo desde calquera lugar do espazo, mostrando as posicións exactas dos elementos que o compoñen en calquera momento presente, pasado ou futuro.
Desexamos que disfruten a tope esta experiencia