02 Feb 2023

O San Tomé comparte o seu xeito de impartir as Matemáticas con outros colexios de España

O San Tomé comparte o seu xeito de impartir as Matemáticas con outros colexios de España

O diario La Voz de Galicia faise eco do bo facer dos mestres do cole:

Profesores de Tenerife, Málaga e A Coruña visitan Cambados co gallo dun intercambio escolar

O colexio San Tomé (Cambados) leva anos ensinando as Matemáticas doutro xeito, seguindo o modelo manipulativo, que pasa por utilizar regras ou cubos con exemplos prácticos no canto de recorrer aos libros máis convencionais. Non son os únicos que o fan en España e co fin de propiciar un mellor coñecemento deste modelo didáctico o Ministerio de Educación conta cun programa de intercambios escolares.

Neste contexto inscríbese a visita que estes días están a realizar ao colexio de San Tomé profesores chegados de Tenerife, Málaga e A Coruña para coñecer como se traballa neste centro e facer unha posta en común, devolvéndolle así a visita que os galegos fixeron aos seus respectivos centros o pasado ano...

Ler artigo completo.