A Asociación APAIOGA organizou esta semana cos de 6° curso un Scape Room.
Todas as actividades celebradas entran dentro do “Programa de Actividades pola Igualdade”.
APAIOGA é a Asociación Profesional de Axentes de Igualdade Galega, constituida en 2004 e formada por profesionais con formación específica en igualdade de oportunidades. APAIOGA forma parte da “Federación Estatal de Asociaciones Profesionales de Agentes de Igualdad de Oportunidades”, FEPAIO.
Os seus obxectivos son Colaborar cos diferentes axentes sociais, organismos, asociacións ou entidades que requiran da posta en marcha de accións tranversais que faciliten a igualdade de oportunidades e preveñan a violencia de xénero