17 Set 2022

Xornadas formativas para pais e nais

Xornadas formativas para pais e nais

A FANPA organiza para o sábado 22 de outubro de 2022 unha xornada formativa solo para pais e nais, na Illa de San Simón, coa temática: Primeiros auxilios para a infancia, saúde mental, o papel das nais e pais na escola.

📆Programación da xornada:

⏰ 10:30: Saída do peirao de Cesantes

⏰ 11:00: Recollida de documentación

⏰ 11:30 – 13:00: Primeiros auxilios dirixido para atender á infancia

⏰ 13:00 – 14:00: Educando nunha saúde mental positiva

⏰ 14:00 – 16:00: Xantar (a cargo da organización)

⏰ 16:00 – 17:00: O papel dos pais e nais na escola

⏰ 18:30: Regreso a Cesantes

📝Inscricións:

Do 19 ao 30 de setembro, enviando un correo electrónico a actividades@nontedurmas.org no que deberán anexar os seguintes datos:

• Nome e apelidos

• DNI

• Teléfono de contacto

• Xustificante de pago da tasa de socio da ANPA Os Olmos

• Xustificante de pago da formación.

• Indicación de se presenta algunha alerxia alimentaria

Non se admitirán solicitudes fora dese tramo nin documentación por separado.

💶Prezos:

5€ Socios/as de ANPA Os Olmos (por estar federada na FANPA) e 10€ para os demais casos

O pago da cantidade correspondente realizarase no momento da inscrición mediante transferencia bancaria no número de conta: ES75 2080 5403 4130 4012 0558, poñendo como concepto “Nome da persoa participante” e “Xornadas Formativas”.

Non se contempla a devolución da contía, salvo por causa xustificada e acreditada documentalmente (enfermidade). Aquelas persoas que se ausenten sen xustificación, terán penalización para as vindeiras actividades.

Adxudicación das prazas:

No caso de que a demanda sexa superior ás prazas existentes, a orde de adxudicación será primeiro os socios/as de ANPA Federada na FANPA e despois por orde de inscrición.

A FANPA resérvase o dereito de eliminar a actividade se non se acada o número mínimo de participantes.